O Concilia Verán do Concello de Noia bate récords de solicitudes tras a ampliación de prazas e horarios

09 Xuño 2026

O Concilia Verán do Concello de Noia acadou este ano un récord de solicitudes, confirmando, segundo o Goberno local, “a crecente demanda dos servizos municipais de conciliación”. Así, apuntan, malia “o esforzo realizado polo Concello para ampliar tanto o número de prazas como os horarios do programa”, as quendas de maior capacidade, preparadas para acoller ata 160 nenos e nenas, superaron as 220 solicitudes, “unha resposta que evidencia a necesidade deste recurso entre as familias noiesas”, engaden.

Para a concelleira de Educación, Ana Blanco, estes datos constitúen a mellor avaliación posíbel do traballo realizado nos últimos meses. “Quixemos facer un esforzo importante para ampliar a capacidade do servizo porque sabiamos que existía unha demanda crecente. Hoxe comprobamos que ese esforzo pagou a pena e que as familias valoran que o Concello aposte por ofrecer solucións reais para a conciliación”, afirmou.

Blanco incidiu en que o obxectivo do Goberno municipal vai máis alá de organizar unha actividade estival. “Estamos a traballar para seguir mellorando os servizos municipais de conciliación, escoitando ás familias e adaptando os recursos ás súas necesidades. Queremos que a conciliación deixe de ser un problema e se converta nun apoio efectivo para o día a día de centos de fogares”, sinalou.

A concelleira tamén quixo agradecer expresamente a colaboración do IES Campo de San Alberto, que permitirá desenvolver un ano máis o programa nas súas instalacións. “Estamos enormemente agradecidos pola súa disposición. Contar cun espazo céntrico como o IES Campo de San Alberto é unha gran vantaxe, porque facilita que moitas familias poidan desprazarse andando e organizar mellor as súas rutinas diarias. É un lugar idóneo para un servizo destas características, como demostra tamén o extraordinario número de solicitudes”, destacou.

Desde o Concello lembran, ademais, que este é o primeiro Concilia Verán que se desenvolve tras a entrada en vigor da ordenanza Noia Concilia, unha ferramenta creada para garantir a continuidade das políticas municipais de conciliación ao longo de todo o ano. “Con esta ordenanza quixemos blindar e asegurar a conciliación como un compromiso permanente do Concello. Os horarios que establecemos responden ao que as familias nos demandaban e permiten unha conciliación real a moitas persoas que ata agora non atopaban unha alternativa compatible coa súa vida laboral”, concluíu Ana Blanco.

O Goberno municipal considera que “a elevada participación reforza a necesidade de seguir investindo neste tipo de políticas públicas, consolidando un modelo de conciliación estable, accesible e adaptado á realidade das familias de Noia”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.