Continuaremos este mércores 10, baixo a influencia das altas presións, que favorecerán unha situación de estabilidade atmosférica marcada pola circulación de ventos do nordés.
A xornada comezará con presenza de néboas e nubes baixas en diversas comarcas do interior, aínda que estas irán desaparecendo co avance do día para deixar ceos pouco nubrados ou despexados na maior parte do territorio. Tamén se agarda a presenza de nubes altas, sen consecuencias destacables.
No que respecta ás temperaturas, as mínimas rexistrarán un lixeiro descenso nas zonas do interior, mentres que as máximas tenderán a subir de forma moderada na metade occidental de Galicia.(22 a 16 graos de máxima).
Os ventos soprarán do norte-nordés con intensidade moderada en xeral, aínda que se prevén refachos máis fortes no litoral atlántico.

O noso mar: Vento do norte á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 4 a 5 á mañá e á noite e 5 a 6 á tarde. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 0 a 1 metros á noite.



