Ambar inicia o seu programa de cultura e deportes inclusivos, grazas a financiamento do IRPF xestionado dende COGAMI

09 Xuño 2026


A Asociación Ambar das persoas con diversidade funcional puido iniciar o seu programa de lecer, cultura e deportes inclusivos. Este proxecto é posíbel co cofinaciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0.7% do IRPF xestionado dende COGAMI. O obxectivo desta actividade é “promover da inclusión social das persoas con diversidade funcional a través do deporte e de ocio, creando ademais oportunidades de convivencia con outras persoas e axentes da comunidade”, segundo explica Ambar.

Engade a entidade que o proxecto xurde da “necesidade de afondar na inclusión dende a perspectiva da cohesión social entre diferentes axentes, fomentando a autonomía das persoas no seu entorno próximo e evitando que se institucionalice a persoas con diversidade en actividades illadas”. Por esa razón, xira a través da participación tanto de persoas mozas, como de outros membros da comunidade fomentando así as relacións sociais e o apoio mutuo.

Grazas a esta axuda tamén foi posíbel realizar o proxecto Adecuación e mellora do centro Talentos Diversos. Ambar conseguirá a través deste programa promocionar a inclusión das persoas con diversidade funcional tanto a través de actividades deportivas, de ocio e inclusión social, como con formacións para o emprego inclusivo, impartidas na seu centro Talentos Diversos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...