Iniciamos este martes 9 de xuño unha progresiva recuperación o que favorecerá unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica.
Durante as primeiras horas do día formaranse néboas en distintas comarcas do interior, aínda que estas irán desaparecendo co avance da mañá. Unha vez disipadas, os ceos permanecerán moi abertos, con presenza puntual de intervalos de nubes altas.
As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso respecto aos valores dos días anteriores(22 a 24 graos).
En canto ao vento, soprará do norte-nordés con intensidade moderada en xeral, contribuíndo a manter a sensación de frescura, sobre todo nas zonas costeiras e do norte galego.
A situación meteorolóxica permitirá gozar dun día tranquilo e maioritariamente soleado en boa parte de Galicia, cun ambiente agradable e estable.

O noso mar; Vento do norte á mañá e do norte á tarde e á noite, forza 4 a 5 á mañá, 5 a 6 á tarde e 4 a 6 á noite. Forte marusía. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 1 a 2 metros á noite.



