Veciños de Martelo en Rois reclaman medidas urxentes para frear a velocidade na estrada Noia-Santiago

07 Xuño 2026

A veciñanza da aldea de Martelo, no concello de Rois, reclama actuacións inmediatas para mellorar a seguridade viaria na estrada comarcal que conecta Noia con Santiago de Compostela. Os residentes denuncian que a elevada velocidade á que circulan os vehículos converteu este tramo nun punto de risco constante.

TVG

Os habitantes da aldea, onde residen actualmente nove persoas, a maioría maiores de 80 anos, aseguran vivir con preocupación debido ao intenso tráfico de coches, motos e camións. Segundo explican, a situación empeorou tras a retirada do sinal que limitaba a velocidade a 50 quilómetros por hora e a súa substitución por outro de 70.

Os veciños lembran que nesta zona xa se rexistrou un atropelo mortal e varios accidentes de tráfico que causaron importantes danos materiais. Entre eles, destacan os reiterados impactos contra o valado e o portal dunha vivenda situada á beira da estrada.

Ante esta situación, solicitan ao organismo competente a adopción de medidas que obriguen a reducir a velocidade dos vehículos. Entre as propostas figuran a instalación de lombos redutores, semáforos ou un reforzo dos controis de tráfico. Consideran que estas actuacións poderían evitar novas incidencias e garantir unha maior seguridade para os residentes.

A veciñanza fai tamén un chamamento á responsabilidade dos condutores para que respecten os límites de velocidade e extremen a precaución ao atravesar núcleos habitados. Segundo advirten, de non actuar con rapidez, podería producirse unha nova traxedia.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...