Este domingo volveu o mercadiño ambulante de Rianxo

01 Xuño 2020

A comarca vai recobrando gradualmente a normalidade, e este regreso (un regreso con restricións e controlado, tanto por parte das autoridades como da cidadanía) apréciase especialmente na volta de actividades máis ou menos concorridas como os nosos mercadiños semanais. Este domingo foi a quenda do mercado ambulante de Rianxo, que volveu ao seu emprazamento habitual no centro da vila, na praza de Castelao, aínda que desta volta dun xeito máis espallado e ocupando boa parte do paseo da Ribeira

O Concello e a Policía Local fixeron saber que o desenvolvemento da actividade acompañouse das actuacións oportunas para que tanto os postos como os cidadáns que acudiron mantiveran as medidas sanitarias establecidas, por exemplo o uso de máscaras de protección ou a obriga de manter o distanciamento.

No mercadiño xuntáronse non só postos de alimentos, senón tamén de roupa, calzado ou complementos. Amais dos puntos de venda, instaláronse puntos de fornecemento de hidroxel e recomendacións hixiénicas para a cidadanía.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El ‘calvario’ de Óscar Puente” – José Antonio Constenla

“El ‘calvario’ de Óscar Puente” – José Antonio Constenla

Si algo retrata a las personas es esencialmente lo que hacen o dejan de hacer, lo que piensan y cuentan (incluso lo que no cuentan) y desde luego, lo que defienden en público. Todo ello acaba dibujando y comunicando la manera que se entiende la política, el servicio...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.