Este venres 5 de xuño (ás 11.00 horas) vaise celebrar na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos a inauguración da exposición Entre luz e fendas, unha mostra poética e vital de Brais Abuín Horta da man da Asociación Pro-saúde Mental A Creba.
Nado en Rianxo, o autor iniciou a súa creación poética en 2017, convertendo a escritura nunha ferramenta para expresar vivencias persoais e contribuír á comprensión e desestigmatización dos problemas de saúde mental e da fraxilidade emocional. A súa obra procura crear pontes de empatía e reflexión a través da palabra.
No acto inaugural intervirá Chelo Martínez, concelleira de Cultura do Concello de Noia,
A exposición poderá visitarse do 5 ao 26 de xuño de 2026.




