Soa Xuño encherá Muros de música neste final de curso

04 Xuño 2026

Esta semana celebrouse en Muros a presentación de Soa Xuño, o programa de actividades da Escola Municipal de Música de Muros para o presente mes, na que participaron a alcaldesa de Muros, María Lago; a concelleira de Ensino, Laura Rivadeneira; o director da Escola Municipal de Música, César Acuña; e o profesor Fernando do Campo.

“O programa inclúe intercambios musicais, concertos de fin de curso e outras actividades que permitirán ao alumnado compartir co público o traballo realizado ao longo do curso”, explicou Maria Lago.

Laura Rivadeneira destacou o apoio do Concello de Muros á Escola Municipal de Música “e ao importante labor educativo que desenvolve ao longo de todo o ano”.

Pola súa banda, César Acuña sinalou que “a aprendizaxe musical vai moito máis alá da aula”, poñendo en valor os concertos e intercambios como unha parte fundamental da formación do alumnado.

Ao longo deste mes, a música será protagonista en diferentes espazos do concello, amosando o talento, o esforzo e a dedicación do alumnado da escola.

Intercambios

O sábado 6 de xuño levarase a cabo unha Xornada de Intercambio Musical, en Artón, Esteiro.

O sábado 13 de xuño levarase a cabo outra Xornada de Intercambio Musical na Pobra.

Concertos fin de curso

Este xoves 4 de xuño ás 19.00 celebrarase un concerto de piano, guitarra, canto e música tradicional na praza da Pescadería.

O xoves 11 ás 19.00 horas haberá un concerto de música moderna no Curro da Praza.

O venres 12 celebrarase un combo de adultos no local da Esteirana, ás 19.00 horas.

O martes 16 o local da Esteirana acollerá ás 19.00 horas un concerto de piano, guitarra, canto e batería.

O xoves 18 de xuño o Auditorio de Muros será o escenario (ás 19.00 horas) dun concerto do Cuarteto Biselas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.