Martes 2, tempo variable con risco de chuvascos e descenso das máximas

01 Xuño 2026

Galicia quedará este martes nunha situación meteorolóxica de transición entre as altas e as baixas presións, o que favorecerá unha xornada marcada pola variabilidade do tempo.

Durante a mañá, os ceos estarán parcialmente nubrados, con maior presenza de nubes na metade norte da comunidade e nas zonas do litoral atlántico, onde se agardan chuvascos dispersos. Pola contra, no sur de Galicia predominarán os ceos máis despexados, especialmente a medida que avance o día.

No que respecta ás temperaturas, as mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas rexistrarán un moderado descenso en comparación cos valores da xornada anterior (máximas de 21 a 22 graos).

En canto ao vento, soprará frouxo de compoñente oeste-noroeste, aínda que se prevén intervalos de intensidade moderada ao longo do litoral galego.

meteogalicia

O noso mar: Vento do noroeste á mañá, do noroeste á tarde e variable á noite, forza 2 a 3 á mañá, 3 a 4 á tarde e 1 a 3 á noite. Marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...