En Corrubedo licitadas as obras para a mellora da envolvente térmica e o acceso da antiga escola unitaria

30 Maio 2020

O Concello de Ribeira informa da licitación dunha nova actuación consistente na mellora da envolvente térmica da antiga escola unitaria de Corrubedo e o seuacceso: unha intervención aquitectónica cuxo orzamento ascende a 149.907 euros, IVE incluído, que supón a segunda fase para a
remodelación deste inmoble que hoxe opera como centro social, logo das obras de ampliación efectuadas na súa parte traseira.
Segundo o proxecto técnico elaborado, as obras a realizar inclúen:
 A colocación dun sistema multicapa SATE ou similar con 8 centímetros de illamento térmico, composto por pranchas de poliestireno expandido de 80 milímetros de espesor, suxeiras mediante fixación mecánica e posterior colocación de malla de fibra de vidro embebida en capa de morteiro seco mineral e acabado fratasado con pintura acrílica.
 Mellora do illamento do espazo baixo cuberta e renovación de caños e baixantes de cuberta.
 Carpintería exterior: substitución da carpintería exterior empregando aluminio anodizado.
 Mellora do espazo exterior de entrada ao edificio: a tal efecto aplicarase un pavimento de pedra silvestre abuxardada para mellorar as condicións de seguridade de acceso peonil así como as súas características ambientais. Prevese un pequeno espazo axardinado no lateral sur.
O prazo de execución son seis meses. O investimento está incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019 da Deputación da Coruña.
As empresas interesadas dispoñen ata o 9 de xuño para presentar as súas ofertas a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Escola de Corrubedo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.