Rois abre as inscricións para a Andaina por Parellas

01 Xuño 2026

O Concello de Rois abriu co primeiro día de xuño o prazo de inscrición para participar na nova edición da Andaina por Parellas, unha proposta deportiva e de lecer que combina actividade física, convivencia e posta en valor da contorna natural e paisaxística do municipio.

A cita celebrarase o sábado 4 de xullo, cun percorrido circular de aproximadamente 15 quilómetros e nivel de dificultade baixo, pensado para favorecer a participación de persoas de diferentes idades e condición física.

A saída da andaina terá lugar ás 19.00 horas desde o polideportivo municipal de Rois, punto no que tamén estará situada a meta. O trazado percorrerá distintos núcleos e espazos do municipio como Rois, Penicias, O Foxo, Infesta, Os Dices, A Pontenova, Cornes, A Peruca, A Peroxa, Lamego, Seira, a Capela do Socorro e Oín, entre outros.

As inscricións poderán formalizarse entre hoxe, luns 1 de xuño, e o mércores 1 de xullo a través da páxina web andainabisbarradosar.com. O prezo de participación será de 10 euros por parella.

A organización lembra ademais que os menores de 14 anos deberán participar acompañados dunha persoa adulta.

A recollida de dorsais realizarase o propio día da actividade, entre as 17.00 e as 18.45 horas.

A Andaina por Parellas está organizada polo Concello de Rois en colaboración co Colectivo Remonte, a Deputación da Coruña e Protección Civil.

As persoas interesadas poden obter máis información no departamento de Deportes do Multiúsos de Rois, no teléfono 981 816 061, ou contactando co Colectivo Remonte no 630 708 485.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...