“As memorias do doutor García-Sabell”. Xosé González Martínez

31 Maio 2026

O acervo antropolóxico atesourado nas casas familiares para facer fronte as
indisposicións da saúde era unha fonte inesgotables de saberes que me engaiolaban.
Acudíase poucas veces ao médico. A variedade de produtos farmacéuticos que hoxe
teñen as boticas, daquela eran mínimos.
Cando a presenza do médico era imprescindible o recurso da palabra era terapia de
sanación. Álvaro Cunqueiro escribíu fermosos relatos onde os curandeiros botaban man
deste recurso. O doutor García Sabell fala do uso deste recursos no prólogo que lle
escribíu a don Álvaro para unha das súas obras literarias máis representativa que xa
abordara en 1963 no seu libro “Ensaios” co título de “Análise existencial do home
galego enfermo” cuxa lectura a min aínda hoxe proporcioname claves para entender as
relacións patolóxicas coa nosa peculiar idiosincrasia.
Sobre esta particular visión médica das doenzas escribíu tamén varios ensaios un
condiscípulo e amigo seu, Juan Rof Carballo. “Mito e realidade da Terra Nai”, foi o
primeiro ensaio científico publicado en lingua galega en 1957. Aos doutores Rof Carballo
e García-Sabell, segundo o decimonónico criterio establecido pola Real Academia
Galega nunca lles dedicarán un Día das Letras Galegas. Entender por letras galegas
unicamente a literatura e a poesía, excluindo outros xéneros como os ensaios e estudos
científico nos tempos que corren é un anacronismo.
Vén a conto este necesario preámbulo para comentar unha obra de recente publicación
da que son autores Siro López Lorenzo e Teresa García-Sabell Tormo, “Domingo García-
Sabell.A voz e a palabra”.Un libro que se encadra no xénero memorialista do que tanto se
pode aprender; alomenos eu. Na miña biblioteca teño moreas de publicacións
autobiografícas que me teñen axudado a entender as actuacións de moitas persoas no
contexto histórico que lles tocou vivir.
Domingo García-Sabell, home de ciencia e doutros moito saberes humanísticos, é un
referente da chamada Escola Médica Compostelana, a “Fonte Limpa”, da que foi senlleiro
representante desde que Varela de Montes a creou. O profesor Ricardo Gurriarán ten
estudada esta escola científica e a súa contorna na súa tese de doutoramento “Ciencia e
conciencia na Universidade de Santiago (1900-1940), de obrigada lectura.
García-Sabell sempre aspirou a exercer o maxisterio na docencia médica. O seu mestre
Gregorio Marañón influíu decisivamente na súa vocación. Mais o compromiso político
coas causas da democracia enfrontárono ao franquismo. Foi así como veu frustrada a súa
aspiración a impartir docencia nas aulas da facultade de medicina. Atopou acubillo na súa
clínica particular e logo na “Rosaleda” onde coincidíu con compañeiros que partillaban
afinidades ideolóxicas.
As súas memorias escritas por Teresa García-Sabel e Siro López a partir de libretas nas
que ía escribindo reflexións que non podían ser publicadas no período da ditadura,
permítelles a algúns -non é o meu caso – coñecer aspectos biográficos inimaxinables.
Tales como a súa colaboración co Partido Comunista e participación na Operación
Termópilas para executar a Franco. Conta nestas memorias que chegou a pedirlle a un

garda civil paciente seu unha pistola, coa intención de entregarlla e un membro do
comando da devandita “Operación Termópilas” que el acubillaba. Malia os seus
posicionamentos políticos distintos dos meus; sen embargo, sempre admirei o seu
antifranquismo militante e a súa exquisita formación científica. Recomendo a lectura
destas memorias porque sitúan ao personaxe no lugar do que é merecente na historia de
Galicia.
A súa participación activa e comprometida na loita antifranquista por medio das armas foi
consecuencia dunha fonda reflexión : “Eu chegara a unha conclusión de que se non era
pola violencia non acabariamos nunca con Franco.Había que actuar”. Eu tampouco nunca
contei, e fágoo aquí e agora porque o relato de García-Sabell serve de pretexto, que eu
fun o conseguidor das únicas armas que tivo o grupo organizado dentro da UPG,
negociándoas con Carlos “Duarte” Gentil-Homem, militante da organización LUAR (Liga
Unida de Açao Revolucionaria) e Eduardo de Sousa Calvet de Magalhaes, cualificado
dirixente do Partido Comunista Portugués que tiña un destacamento armado denominado
ARA (Açao Revolucionaria Armada).
Como axuizaría hoxe García-Sabell a quen me acusou covardemente a través da revista
Grial hai un par de anos de poñer en perigo a Fundación Penzol por realizar reunións
clandestinas nas súas instalacións na década dos sesenta?. Seguramente que deostaría
calificándoo de fundamentalista relixioso. Aquel indivíduo manguelo, que nunca conspirou
contra a ditadura franquista, atribuíulle un esaxerado poder taumatúrxico á Biblia
traducida ao galego para mellor salvagarda da nosa identidade nacional. Vaiche boa!.
Investironse grandes cantidades de diñeiro para unha finalidade fatua.
*Presidente do Foro E. Peinador.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.