“Amedrentar, verbo de moda no eido político español”. Antón Luaces

28 Maio 2026

Houbo un tempo en Galicia no que a xente do común amedrentábase con historias de orcos e, máis amplamente, da Santa Compaña. Historias contadas ao pé da lareira ou arredor da artesa, que os nenos recollían e amplificaban nos seus medos a subir ao faiado, a andar os camiños pola noite ou, simplemente, a ir mexar á horta cando a noite xa era pecha e na casa non existia un retrete ao que acodir para un apuro.

Máis os tempos mudaron: na actualidade hai medo a non chegar a fin de mes, a morrer só, a que o caseiro incremente o prezo do aluguer da casa, a que te vexas envolto en política, a que pseudoxornalistas se ocupen da túa vida se circunstancialmente tes algunha responsabilidade partidista allea ao eido político afín ou do que dependa ese pseudoxornalista.. ou que por unha casualidade da vida te vexas enliado na arañeira de personaxes que, por proximidade a determinadas áreas de poder, o/a responsábel desta sinta que te misturas en cuestións que atinxen a quen manda e tí non és quen para opinar ou dicir que esta boca é túa.  

Hoxe manda o xefe de gabinete ou de prensa. Moitas veces o seu poder abrangue o omnímodo. Ata o punto de ameazar co peche dun medio de comunicación non adscrito ao partido da autoridade que representa porque lle paga.

Son medos distintos, pero medos ao fin e ao cabo. É un ir espallando os tremores para que aqueles que non deben facer por careceren de poder, non fagan. Así escriben a historia dos medos nosos de cada día. 

Outros artigos

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.