Amicos presenta Trap, un proxecto de protección do río Umia en Meis, Caldas e Cambados

27 Maio 2026

Amicos, entidade inclusiva do Barbanza (con sedes en Boiro e Ribeira) celebrou en Exposalnés (Cambados) un encontro participativo no marco do proxecto europeo TRAP. Este contou coa participación de administracións, centros educativos, tecido social e cidadanía que traballarán conxuntamente na protección do río Umia. A iniciativa busca reducir a contaminación plástica nos ríos antes de que chegue ao océano Atlántico mediante solucións innovadoras baseadas na natureza.

A presentación foi este mércores 27 de maio na sala de exposicións Exposalnés, en Cambados. Foi no marco dun encontro participativo enmarcado no proxecto europeo TRAP (Transforming Rivers by Reducing Aquatic Plastic Pollution), unha iniciativa cofinanciada polo programa Interreg Atlantic Area da Unión Europea. A xornada reuniu diferentes entidades vinculadas á contorna do río Umia, entre elas administracións públicas, centros educativos, asociacións, empresas e outros axentes sociais do territorio, co obxectivo de avanzar conxuntamente na protección deste ecosistema fluvial fronte á contaminación por plásticos.

Durante o encontro, o equipo presentou os obxectivos da iniciativa, tras o que as persoas asistentes participaron nunha dinámica na que identificaron as zonas problemáticas onde consideran necesaria unha intervención. Con esta información, deseñaranse accións adaptadas ás necesidades reais do territorio.
TRAP ten como obxectivo desenvolver e probar medidas innovadoras baseadas na natureza para atrapar e retirar residuos plásticos dos ríos antes de que alcancen o océano Atlántico. En Galicia, o territorio seleccionado para a implementación do proxecto é o río Umia, elixido polo seu valor ecolóxico e pola súa representatividade ambiental.

Coma noutros proxectos ambientais de Amicos, as persoas con discapacidade terán un papel fundamental como activistas ambientais encargadas da aplicación e seguimento das solucións técnicas, así como de conducir as accións de sensibilización con escolares. A iniciativa contempla ademais limpezas participativas das ribeiras do río, así como a instalación de barreiras vexetais e estruturas biodegradábeis de retención para avaliar a eficacia de sistemas naturais na captura de residuos plásticos.

Así mesmo, Amicos exercerá un papel de facilitación coas administracións públicas para favorecer a integración destas solucións nas estratexias locais de xestión ambiental. Desde Amicos destacan que “a protección do río Umia require cooperación entre administracións, centros educativos, tecido social, empresas e cidadanía. Este Living Lab nace para escoitar o territorio, poñer en común necesidades reais e contribuír a construír respostas ambientais participativas, inclusivas e replicábeis”.

O consorcio internacional do proxecto está liderado polo Instituto Superior Técnico de Lisboa e reúne nove entidades de Portugal, España, Francia e Irlanda, combinando experiencia científica, tecnolóxica e social. Entre as entidades participantes atópanse Trinity College Dublin, Atlantic Technological University, Universidade de Sevilla, Petra Patrimonia Maritima, Seabird, 4change, ISDIN e Amicos, entre outras.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...