O Concello de Rois abre o prazo de inscrición para o programa Móvete no Verán con actividades de zumba e pilates

27 Maio 2026

O Concello de Rois pon en marcha unha nova edición de Móvete no Verán, o programa municipal de actividades deportivas estivais que incluirá sesións de zumba e pilates durante os meses de xullo e agosto.

A iniciativa, dirixida a persoas adultas, busca fomentar hábitos de vida saudábeis e promover a práctica de exercicio físico mediante actividades dinámicas e adaptadas a diferentes niveis.

As clases comezarán o próximo 1 de xullo e celebraranse tanto en Rois como en Urdilde, sempre ás 20.30 horas.

Dentro da programación, o pilates desenvolverase os martes en Urdilde e os mércores en Rois, mentres que a zumba terá lugar os luns en Rois e os xoves en Urdilde.

O prazo de inscrición abrirase o 15 de xuño. As persoas interesadas poderán anotarse chamando ao Multiúsos de Rois no teléfono 981 816 061 ou enviando un correo electrónico a inscricions@rois.gal, indicando nome e apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto.

O prezo da actividade será de 35 euros por participar nunha das disciplinas durante todo o verán e de 50 euros no caso de inscribirse nas dúas actividades.

Móvete no verán pretende ofrecer á veciñanza unha alternativa saudábel e dinámica para os meses estivais, promovendo a actividade física e o benestar a través de propostas accesíbeis e adaptadas a diferentes públicos.

O programa conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.