A Copa Sálvora reunirá a 71 equipos de fútbol na Fieiteira

26 Maio 2026

A décimo novena edición da Copa Sálvora reunirá a 71 equipos de fútbol base no estadio municipal da Fieiteira, en Ribeira, consolidándose como unha das citas deportivas máis destacadas do calendario local.

O torneo disputarase en dúas fins de semana: o 30 e 31 de maio, con 55 equipos de fútbol 8, e o 6 e 7 de xuño, coa participación de 16 conxuntos de fútbol 11, abranguendo así todas as categorías base.

O concelleiro de Deportes, Álex Vidal, salientou a importancia dunha competición que reúne a nenos e nenas de toda Galicia e que está “moi consolidada no calendario municipal”. Ademais, agradeceu o traballo do Cidade de Ribeira na organización e na promoción do deporte entre a mocidade, lembrando que “o deporte é saúde”.

Pola súa banda, o presidente do Cidade de Ribeira, Miguel Ángel González, destacou o nivel do torneo e anunciou a participación do equipo alevín do Celta. Tamén puxo en valor o esforzo organizativo que require o evento e amosou o seu desexo de que o club anfitrión poida facerse coa vitoria na categoría infantil.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.