Martes 26, tempo estable nas Rías Baixas e en Santiago, con ceos despexados e vento frouxo

25 Maio 2026

Nas Rías Baixas e en Santiago espérase un tempo estable, con ceos pouco nubrados ou despexados e ambiente agradable. As temperaturas manteranse suaves, se ben baixarán sobre todo nas comarcas costeirae con vento frouxo e sen cambios significativos ao longo do día(24 a 28 graos).

Pola mañá poderían aparecer nubes baixas ou bancos de brétema en zonas costeiras e do interior, pero tenderán a disiparse co avance das horas. A tendencia xeral é de tempo tranquilo, máis propio de primavera avanzada, con sensación térmica confortable.

meteogalicia

O noso mar; Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e variable á noite, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade mala á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Outros artigos

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...