Renacer celebra o Día Sen Tabaco con imaxes que reflictan as vantaxes de deixar de fumar

29 Maio 2020

Este domingo 31 de maio celébrase unha data relacionada en parte coa crise sanitaria que estamos a vivir e que pon de relevo a necesidade de apostar máis integralmente por hábitos saudábeis: o Día Mundial Sen Tabaco. A asociación Renacer de Ribeira, para celebrar a xornada e pór de relevo as moitas vantaxes que poremos en xogo nas nosas vidas (e nas dos demais) se deixamos de fumar, puxo en marcha nas redes unha iniciativa na que se convida aos internautas a conmemorar o día con imaxes que reflictan as razóns de cada quen para abandonar o hábito do tabaco.

As imaxes deberán ser enviadas á conta de correo renacer@asociacion-renacer.org, e logo serán publicadas nas redes. A iniciativa vén da man da asociación e conta co apoio do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.