“A dereita e a ultradereita española, contra Zapatero e Sánchez na Marcha pola dignidade”- Antón Luaces

24 Maio 2026

PP, VOX e cinco organizacións ultras entre as que figuran Hazte Oir, Manos Limpias, Iustitia Europa e Valores, poderían ser agrupadas ás oito acusacións populares que tentan personarse na causa que vincula a José Luis Rodríguez Zapatero, expresidente socialista do Giberbi, a un caso que o relaciona indiciariamente co rescate da compañía aérea Plus Ultra.

Relacionada con esta situación, a denominada “Marcha pola dignidade”, desenvolvida este sábado polas rúas céntricas de Madrid e integrada por máis de 150 colectivos supostamente de dereitas e extrema dereita, corearon lemas que promovían a dimisión de Pedro Sánchez como presidente do Executivo español e o encarceramento de Rodríguez Zapatero.

Esta esixencia de dimisión de Sánchez vai vencellada á petición de VOX para o ingreso de Zapatero coliden coa decisión socialista de defender a legalidade do rescate a Plus Ultra mediante un préstamo de 53 millóns de euros outorgado polo Goberno -xunta outras aeroliñas españolas- para paliar a situación económica na que se atopaban inmersas coma consecuencia da pandemia de coronavirus. 

En alusión á presentación polos devanditos partidos políticos dunha hipotética moción de censura os socialistas fan súa a consigna de Sánchez no senso de que ao Goberno “se chega con votos e non con atallos”, dito que cadra coa postura de Núñez Feijoo de non recorrer a tal moción “porque faltan catro votos” para gañala, consciente de que os partidos que no Congreso dos Deputados apoian ao Goberno, en ningún caso apoiarían a “caída” de Sánchez.

 O auto do xuíz da Audiencia Nacional Jose Luis Calama coloca a Zapatero no epicentro do que considera unha suposta trama de tráfico de influencias que distintos xuristas non avalían. 

Outros artigos

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

+

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas las culturas, que se embebió de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.