Domingo 24, inestable nas Rías Baixas e Santiago, con chuvascos treboentos pola tarde no interior

23 Maio 2026

Nas Rías Baixas e en Santiago agárdase un domingo marcado pola inestabilidade atmosférica, con ceos de nubes e claros e un aumento progresivo da nubosidade de evolución ao longo da xornada. Esa situación deixará chuvascos de carácter treboento, máis probables na segunda metade do día.

As temperaturas manteranse sen cambios salientables, polo que continuará un ambiente semellante ao dos últimos días (30 a 32 graos máxima). O vento soprará do nordés, frouxo no interior e moderado na costa, con intervalos fortes nos arredores de Bares.

meteogalicia
meteoblue

O noso mar: Vento do nordés á mañá e á noite e do oeste á tarde, forza 2 a 4 á mañá, 1 a 2 á tarde e 2 a 3 á noite. Mar ovellado á mañá e á noite e mar rizado á tarde. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.