“As expectativas”. Luís Celeiro

23 Maio 2026

Tiña ansia de que fose un bo ano, que nevara no seu tempo, que chovera, cando vai ben que chova,
que as xeadas non viñeran a destempo e que todo e todos foran polo rego, dereitiño cara o éxito da
temporada. E, detrás dunha temporada, outra. Ela quería que tódalas temporadas fosen boas e, xa
que logo, frutíferas, quentes e saudables. Na política tamén hai temporadas, expectativas,
gañadores e perdedores. Neste caso non hai empates, nin “dous máis dous” son obrigatoriamente
catro. Actualmente, é difícil de entender as reaccións daquelas persoas que andan na política
profesional, independentemente da súa ideoloxía ou da ideoloxía da formación á que pertenza.
O Paco do Pereiró presumía da súa leira, situada no medio do agro das Gralleiras. Era a mellor en
todo, a máis húmida, na que mellor se secaba o centeo, a máis sombría, cando cumpría a sombra, e
máis sollía, cando se apreciaban as raiolas do sol. As lindeiras tiñan peor terra e eran menos
produtivas, aínda que votar, sempre votaba ao mellor. Se o veciño votaba ao mesmo partido, o seu
voto, aínda así, era mellor. A deus grazas¡
Na contenda electoral hai perdedores que ganan e ganadores que non alcanzan a cúspide. E tamén
hai ganadores entre os perdedores. Os discursos de interpretación da xornada electoral, e dos
resultados da mesma, convértense nunha evidencia de que hai quen “fala por falar” e de que moitos
non saben calar. Todos queren ganar e ganan. Incluso os que perden, calan.
De ganar por maioría podemos poñer en Galicia tres exemplos singulares, Pedrafita do Cebreiro,
Beariz e Verea. Nos dous primeiros, tódolos concelleiros electos eran da mesma candidatura, do
PSdeG e do PP, respectivamente. En Verea, tódolos membros da corporación municipal eran do
Bloque. Aquí, neste concello das terras de Celanova, os resultados cumpriron ou non coas
expectativas?
Ao parecer é importante agardar e, aínda máis importante, saber agardar, sen perder nunca a
esperanza de avanzar continuadamente, de camiñar e de chegar. Cómpre buscar metas compartidas
e, como di a Tía Manuela, procuralas e acadalas, collidos da man. Con tódalas mans unidades e con
tódalas voces berrando: liberdade. Aí é onde se colocan as expectativas, no saber estar e en ser
libres, para escoller a verea e andar confiadamente por ela.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...