Boiro: evacúan en helicóptero a un operario tras caer desde un andamio

22 Maio 2026

Un operario foi trasladado en helicóptero ao Hospital Clínico de Santiago despois de caer a un patio interior mentres traballaba nun andamio na fachada dun edificio de Boiro. O accidente produciuse na rúa do Estatuto de Galicia e o ferido permaneceu inconsciente ata a súa evacuación.

Segundo a información facilitada, o aviso chegou ao 112 Galicia ás 16.00 horas por parte dun particular que viu ao traballador tendido no patio interior do inmoble. A central de emerxencias mobilizou de inmediato ao 061, á Garda Civil, aos Bombeiros, á Policía Local e a Protección Civil de Boiro.

Os bombeiros empregaron unha padiola para trasladar o operario ata a ambulancia antes do seu embarque no helicóptero medicalizado con base en Santiago. O ferido foi finalmente evacuado ao centro hospitalario compostelán para recibir asistencia especializada.

Outros artigos

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...