Arde un almacén no interior dun garaxe na Pobra do Caramiñal

28 Maio 2020

Un incendio declarado nun almacén situado no interior dun garaxe provocou diversos danos no local e na cocheira, sen que se rexistrasen danos persoais. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, ardeu o mobiliario que se atopaba no interior do almacén e o fume afectou a varios turismos. Os feitos sucederon na rúa Atalaia, ao fío das 14:00 horas.

Foi a Policía Local quen alertou do incendio ao 112 Galicia e, decontado desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos Bombeiros de Ribeira e de Boiro, á Garda Civil e a Protección Civil. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o lume quedou extinguido preto das 17:50 horas.

Rúa Atalaia A Pobra

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.