O Concello de Ribeira explica o proxecto de carril bici entre Coroso e Palmeira ás vivendas afectadas

21 Maio 2026

O Goberno municipal de Ribeira reuniuse na tarde deste 21 de maio cos propietarios dos domicilios afectados polo proxecto da construción do carril bici entre Coroso e Palmeira. Esta infraestrutura partirá do existente no paseo marítimo de Coroso para finalizar á altura do cemiterio municipal da parroquia de Palmeira. A vía ciclista discorrerá paralela á estrada AC-305 ao longo de aproximadamente dous quilómetros. No tramo das Saíñas, a beirarrúa e a vía ciclista estarán diferenciados pola rasante, mentres que na recta dirección ao cemiterio estarán ao mesmo nivel, pero diferenciados por cor e sinalización.

Na xuntanza participaron membros do Executivo local, presididos pola alcaldesa, María Sampedro, quen, xunto á enxeñeira municipal, Uxía Landeira, expuxeron polo miúdo en que consistirá esta intervención e como lles pode afectar ás vivendas; encontro durante o cal a veciñanza tivo ocasión de trasladar as súas suxestións e inquedanzas. A rexedora tamén anunciou que, para solucionar a supresión dos estacionamentos que ocupan actualmente a beiravía, xa se está tramitando o alugueiro de varias fincas para destinalas a aparcamento disuasorio na contorna do camposanto. Así mesmo, avanzou que se manterá unha reunión coa Axencia Galega de Infraestruturas cara a avaliar a redución da velocidade máxima da vía a 50 quilómetros por hora e implantar medidas de calmado nas interseccións en Caticobas e na Fenosa como, por exemplo, pasos peonís elevados.

Os obxectivos da intervención son a humanización da contorna; acadar un espazo urbano de calidade; ordenación de usos, accesibilidade e mobilidade; e mellora da comunicación. A Administración local ribeirense continúa así na senda de avanzar cara unha mobilidade sostíbel, a promoción dun cambio modal á bicicleta e o fomento da vida saudábel mediante a mobilidade activa en tódolos ámbitos, implantando así máis carrís bici na franxa litoral máis poboada do municipio.

O orzamento de licitación é de 592.847,45 euros, IVE incluído, no marco dunha subvención da Fundación de los Ferrocarriles Españoles. O prazo de presentación de ofertas xa rematou a finais do mes de abril e a empresa que resulte adxudicataria disporá de seis meses para executar as obras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.