Este venres 22, Santa Rita, teremos unha xornada marcada por un aumento da inestabilidade atmosférica, especialmente durante a segunda metade do día, máis probables no interior pola tarde e noite.
A mañá comezará con presenza de nubes altas en boa parte da comunidade, aínda que co paso das horas irán medrando nubes de evolución que darán lugar a chuvascos treboentos, máis probables nas zonas do interior durante a tarde e a noite.
As temperaturas continuarán en ascenso, cun incremento entre lixeiro e moderado que deixará rexistros elevados para esta época do ano(29 a 30 graos).
En canto ao vento, soprará frouxo e de dirección variable ao longo da xornada.

O noso mar; Vento variable á mañá e á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá, 1 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar rizado á mañá, mar ovellado á tarde e marusía á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.



