Corrubedo acollerá este sábado 23 de maio unha xornada divulgativa sobre biodiversidade en espazos protexidos

21 Maio 2026

O Parque Natural complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán celebrará o sábado 23 de maio de 2026 unha xornada divulgativa baixo o lema “Ver para comprender: investigando a biodiversidade nos espazos protexidos de Galicia”. A actividade terá lugar no auditorio do Centro de atención a visitantes Casa da Costa, no Lugar do Vilar, en Carreira, Ribeira, entre as 10.30 e as 13.00 horas.

A programación arrincará cun primeiro bloque ás 10.30 horas titulado “Illas en equilibrio. Un proxecto LIFE para a restauración insular”. Ás 11.30 horas comezará o segundo bloque, con varias relatorios sobre aves nidificantes en Corrubedo, a recuperación de Iberodes littoralis gallaecica, os pozos con vida e biodiversidade no parque, Senecio legionensis no Xurés e a diversidade micolóxica na Serra da Enciña da Lastra.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...