O BNG de Noia amosa o seu apoio ás mariscadoras da ría e di que a Xunta “abandonou” o sector

21 Maio 2026

O BNG de Noia achegouse este mércores 20 de maio ata as portas da Confraría de Noia para apoiar ás mariscadoras de a pé da ría, que se concentraron para expresar o seu rexeitamento ao convenio imposto pola Consellería do Mar. Desde a formación nacionalista criticaron á Xunta, por sinalaron, “a súa falta de transparencia arredor dun acordo que nin as propias mariscadoras coñecen en detalle”, ao tempo que cualificaron de “desleixo institucional” o proceder da Consellería co sector.

O voceiro do BNG en Noia, Ricardo Suárez, afirmou que “non se pode tratar desta maneira ás traballadoras do mar, que levan meses atravesando unha situación límite sen recibir respostas nin solucións reais por parte da Consellaría”. A formación nacionalista considera “absolutamente insuficiente” o convenio
presentado pola Xunta, que, di, “establece contías máximas de 699 euros por persoa, dos cales 266 euros serían destinados ao pagamento das cotas da Seguridade Social”.

“Estamos falando de que as mariscadoras quedarían con pouco máis de 430 euros ao mes, unha cantidade irrisoria que as empurra a procurar outro
traballo en terra e precariza aínda máis o sector”, sinalou Suárez.

O BNG sinalou tamén “que a Consellaría do Mar segue sen aprobar o cesamento de actividade para o marisqueo na ría, unha medida que permitiría ás traballadoras acceder ás axudas económicas de 1.000 euros mensuais do ISM”. E engadiu: “As mariscadoras levan dende xaneiro sen cobrar e agora a única resposta da Xunta é impoñer un acordo precario e insuficiente. É unha falta absoluta de respecto cara unhas traballadoras fundamentais para a nosa ría e para a economía local”, engadiu o voceiro nacionalista.

O BNG tamén foi crítico co Goberno local de Noia, formado por PSOE e Marea, “por valorar positivamente a chegada deste acordo”. E apuntaron: “Resulta incomprensíbel que o Executivo municipal aplauda unhas medidas que condenan ás mariscadoras á precariedade”, afirmou Ricardo Suárez.

Screenshot

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.