Xoves 21, xornada estable con subida das temperaturas

20 Maio 2026

Este xoves 21 será unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e polo ascenso moderado das temperaturas.

Segundo as previsións meteorolóxicas, agárdanse néboas nas comarcas do interior durante as primeiras horas do día, mentres que no resto da comunidade predominarán os ceos pouco nubrados ou despexados, con presenza de nubes altas que non impedirán o paso do sol.

No litoral das Rías Baixas existe posibilidade de brétemas costeiras, especialmente durante a mañá.

As temperaturas experimentarán un moderado ascenso, máis acusado nas mínimas, deixando unha sensación térmica máis suave nas primeiras horas da xornada.(25 a 27 graos)

En canto aos ventos, soprarán frouxos do suroeste en xeral, rolando a compoñente leste ao final do día. Na zona de Bares poderanse rexistrar refachos moderados.

meteogalicia

O noso mar: vento do sudoeste á mañá, do oeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 2 á mañá e 1 a 3 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 1.5 a 2 metros á mañá e 2 a 2.5 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...