O Concello de Boiro comeza a limpeza dos seus areais de cara á época estival

20 Maio 2026

Dende o Concello de Boiro anuncian que xa están a preparar os areais das súas praias pensando na tempada estival que xa se albisca e deixando atrás as fortes chuvias e temporais que trouxo o inverno. O primeiro paso deuse coa limpeza e acondicionamento da praia de Barraña para continuar en Carragueiros, a Retorta e Mañóns para seguir logo paseniño e de xeito progresivo por todos os areais e pequenas calas que posúe Boiro.

Informan dende o concello que se está a levar a cabo unha limpeza mecánica para retirar a capa de residuo depositada na superficie areosa a consecuencia das mareas e dos temporais do inverno, deixando chaira a superficie e limpándoa dos residuos traídos polo mar. Engadir que esta limpeza complétase durante a época estival coa retirada diaria (de xeito manual) dos residuos traídos a consecuencia das ditas mareas.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...