Sés estará este sábado no Araño no Festival Hórreo Vivo

20 Maio 2026

A artista bergantiñá Sés (María Xosé Silvar), unha das grandes figuras da música galega, estará este sábado no Araño (Rianxo) para participar no remate do Festival Hórreo Vivo, evento cultural, gastronómico, lúdico e musical organizado pola Asociación Cultural A Carballeira de Baia (Araño) coa colaboración do Concello de Rianxo. Será na Carballeira de Baia o sábado 23 de maio a partir das 22.00 horas. Trátase dunha proposta musical encadrada na axenda da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Segundo informan dende a Deputación, Sés estará acompañada da súa habitual banda de sete músicxs e presentará un concerto en gran formato no que fai un percorrido polas cancións dos seus nove discos. Un espectáculo potente e emotivo no que conviven os temas máis emblemáticos da súa traxectoria coas composicións máis recentes, nun directo de alto nivel musical e gran conexión co público.

Lembrar que a artista estivo este mesmo ano en Asados (Rianxo) presentando o seu novo libro-disco, Nadando na incerteza. Trátase do primeiro libro da cantautora, que vai acompañado do seu último traballo discográfico. Nadando na incerteza é en palabras da autora “un traballo acústico e fundacional que inaugura unha nova etapa”. Son, engade, “cancións despoxadas que respiran soas, coa palabra e a melodía no centro”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...