“Agora Zapatero?. Custa traballo crelo” – Antón Luaces

20 Maio 2026

Confeso que aínda manteño o asombro e que me custa un mundo crer que o expresidente Zapatero poda ser “outro aproveitado” da circunstancia de ter sido o espello no que moitos españois situábamos o sorriso e a cella como sinal do home de ben que moitos neste país de descontrolados pensabamos situar a quen, definitivamente, fose santo e sinal de respecto á hora de exemplificar un político de ben e para ben no Estado español. De repente todo se veu abaixo, por máis que quero pensar que alguén se trabucou. José Luis Rodríguez Zapatero, tamén?.

Axentes da Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) da Policía Nacional remataron nas primeiras horas da tarde deste martes, 19 de maio, os rexistros ordenados polo xuíz da Audiencia Nacional do caso “Plus Ultra” no marco da investigación contra o expresidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero, ao que sitúa como”líder” dunha estrutura de tráfico de influencias. Os axentes remataron as pescudas en Softgestor (unha das entidades mercantís relacionadas co antedito caso “Plus Ultra” que investiga a Audiencia Nacional), após de que pola mañá levaran a cabo outro rexistro no despacho de Zapatero. Os axentes da UDEF abandonaron este despacho levando caixas de cartón precintadas. Tamén se desprazaron á empresa Inteligencia Prospectiva, relacionada igualmente coa investigación por un presunto delito de tráfico de influencias e outros conexos. 

A investigación vai na liña de pescudar un suposto uso irregular dos 53 millóns de euros que o Goberno concedera á aeroliña “Plus Ultra” como rescate durante a pandemia de COVID, centrándose na influencia que puidera ter exercido Zapatero na devandita operación. En troques da recepción de fondos a través do empresario Julio Martínez, que xa fora detido por esta causa.

No seu auto, o xuíz Calama apunta que Zapatero tería exercido de “líder” dunha estrutura de tráfico de influencias pola que o expresidente e as fillas deste terían recibido preto de dous millóns de euros. Tamén o responsabiliza de ter creado empresas “off-shore” fóra de España. 

Pola súa banda, Zapatero afirmou que tódalas súas actividades públicas e privadas son legais e negou ter realizado xestións a prol do rescate millonario da aeroliña “Plus Ultra”.

 O auto que cita a Zapatero coma investigado, o xuíz rexeitaba realizar un rexistro no domicilio particular do expresidente do Goberno.

Queda moito percorrido na causa, máis os partidos da oposición de dereitas piden a dimisión de Pedro Sánchez ou, caso de VOX, a presentación dunha moción de censura contra este. 

Tempo ao tempo.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...