Comerciorianxeiro.gal xa ofrece información activa dun centenar de negocios locais

28 Maio 2020

Julián Bustelo, voceiro de Rianxo en Común

A web posta en marcha para apoiar e visualizar o comercio rianxeiro antes, durante e despois da desescalada, comerciorianxeiro.gal, segue adiante gañando en participación e repercusión: xa dá acubillo a un centenar de establecementos e, ademais, todo indica a que este número incrementarase a curto e medio prazo.

A páxina, da que falamos en detalle a mediados de abril en O Barbanza, dando conta do seu importante factor de visibilidade para os establecementos que ían volvendo á actividade (ou que seguiron abertos durante o máis duro do Estado de Alarma), foi posta en marcha con recursos propios de Rianxo en Común, co obxectivo de (tamén) de irse afacendo aos cambios producidos durante a evolución da crise sanitaria, introducindo novidades como datos máis completos sobre os negocios acubillados ou información de utilidade para empresas e veciñanza (por exemplo a relación das axudas económicas do Estado, un portal de emprego). Agora, segundo informan os responsábeis da web, todos os servizos incluídos serán “mellorados e incrementados nas vindeiras semanas”.

A páxina, que como dixemos conta xa con medio cento de establecementos, cifra que se quere aumentar día a día, recibe unha media de 100 visitas diarias, o cal, segundo informan os seus impulsores, “dá boa mostra de que se trata dunha ferramenta de utilidade e dun recurso cada vez máis empregado”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.