A vaga de calor fai chegar á nosa comarca até os 34º

28 Maio 2020

A vaga de calor que afecta estes días a Galicia (e que seguirá activa, achegando temperaturas sufocantes, até comezos da semana que vén) é anómala non só polo intre no que chega, en pleno mes de maio, senón tamén pola súa incidencia xeográfica: non afecta só ás zonas do interior da nosa terra, habitualmente as máis castigadas por estas incidencias climática, senón tamén á costa, onde se están a rexistrar temperaturas máis altas que en moitas zonas de Ourense malia a proximidade do mar. Nos concellos de Barbanza estanse a superar os 30 graos en moitas zonas, e en determinadas contornas do concello de Boiro foron rexistradas temperaturas equivalentes ás de Ourense cidade ou ás do Ribeiro: 34 graos.

A nivel estatal este feito guinda outra circunstancia anómala que rompe calquera previsión ou rexistro previo: as temperaturas que se están a acadar en toda Galicia son maiores cás que se teñen estes días en Andalucía e Estremadura.

A xornada de hoxe será con toda probabilidade a máis cálida desta semana para os concellos do Barbanza: non haberá case ningún punto da comarca onde se baixe, nas horas máis quentes do día, dos 30 graos de temperatura. No interior de Galicia hai aviso por treboadas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

“España, triste y conmocionada”. José Castro López

Una encuesta reciente de IMOP-Insights pregunta por el estado de ánimo ciudadano yrevela que la tristeza es la emoción predominante entre los españoles ante una situaciónpolítica convulsa. “Una España entristecida, desengañada y hastiada de sus dirigentespolíticos”,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.