Regresa a revista “O Barbanza”. O número está xa en reparto

28 Maio 2020

Tras caseque tres meses de paralización por mor da situación sanitaria, a nosa edición en papel “O Barbanza” regresa á comarca.

Con 7.000 exemplares a publicación é distribuída nos concellos de Ribeira, A Pobra, Boiro, Rianxo, Dodro, O Son e Noia, podéndose levar de balde en moitos puntos e ler en aqueles que están abertos o público. Tamén se pode descargar no enlace “O Barbanza número 10″.

Neste número pasamos revista a actividade que desenvolveron os nosos municipios contra a Covid-19 , repasamos a situación dos sectores produtivos da comarca e como se presenta o futuro, e mantemos unha charla co presidente da mancomunidade Arousa-Norte, que por rotación nesta ocasión correspóndelle o alcalde de Ribeira. As letras galegas e un breve repaso a sitios da comarca que nos esperan coa volta á normalidade, completan este número que esperamos sexa do voso agrado.

Coma sempre esperámosvos cada día no noso diario dixital www.obarbanza.gal e agardamos as vosas propostas, comentarios e informacións en lectores@obarbanza.gal o no noso whatsapp 608 240 160.

Portada do número 10 de O Barbanza. Pódese descargar a publicación pinchando enriba

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.