O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación de 15 socorristas durante o verán

15 Maio 2026

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a cobertura con carácter temporal de 15 socorristas acuáticos en espazos naturais durante o ano 2026. Para participar deste proceso selectivo é preciso ser desempregado e estar inscrito no Servizo Publico de Emprego de Galicia, segundo constatou o Concello, engadindo que o sistema de acceso será mediante oposición libre e os contratos de traballo formalizaranse baixo a modalidade contractual laboral temporal para a mellora da ocupabilidade e da inserción laboral.

As funcións a realizar serán as de prevención e vixilancia, sinalización das zonas de risco nas praias, prestar primeiros auxilios ou atender e informar aos usuarios das praias entre outras.

Os requisitos para poder formar parte deste proceso selectivo son o de pertencer a calquera dos estados asinantes do Tratado da Unión Europea con coñecementos da lingua castelá e/ou galega; ter cumpridos os 18 anos; non padecer enfermidade ou defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento das funcións do posto; non estar afectado por motivos de incompatibilidade; non ter sido despedido mediante expediente disciplinario do posto de ningunha administración pública; esta en posesión de, como mínimo, o título de graduado en educación secundaria obrigatoria; estar inscrito no Rexistro Profesional de Socorristas acuáticos e ser desempregado inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia.

A contratación realizase ao abeiro da subvención concedida pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia dun importe de 17.100 euros para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas descubertas para o ano 2026 e mediante a que se financia parte da contratación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...