O alcalde de Rianxo prosegue en Araño e Isorna a súa xira de xuntanzas polas parroquias

15 Maio 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, está a participar esta tempada nunha xira de encontros veciñais (Encontros co Alcalde) nas parroquias destinados a escoitar as demandas e propostas das e dos residentes nos núcleos. Esta semana reuniuse coa veciñanza do Araño no Centro Cultural da Capela, e (este xoves) coa de Isorna na Escola da Bacariza.

Na Capela, o rexedor repasou algúns dos proxectos máis destacados que se executarán en datas vindeiras e comentou outras necesidades que cómpre abordar dende o Concello. Destacou que entre os proxectos que axiña serán unha realidade está a mellora do acceso e do entorno á Igrexa e ao hórreo (os traballos relativos á primeira fase desta actuación xa comezaron a semana pasada). Ademais, salientou que a comezos deste ano tamén foi aprobado “un importante proxecto”, cun orzamento de algo máis de 185.000 euros, para ampliar dunha maneira moi destacada a rede de abastecemento de auga na parroquia.

Na Bacariza levouse a cabo un novo faladoiro cos veciños e veciñas no que se abordaron as necesidades da aldea e dos proxectos que axiña se levarán a cabo.

Lembrar que durante os meses de maio e xuño o alcalde e os membros do Goberno percorrerán as parroquias do municipio para informar do traballo que se está facendo, para resolver dúbidas e para recoller as propostas e demandas que os veciños e veciñas queiran propor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...