Esta semana o Concello de Rianxo licitou o proxecto para a ampliación da rede de saneamento no lugar de Tronco (Rianxo). Conta cun orzamento de de 208.785,50 euros e, segundo informou o alcalde Julián Bustelo, “favorecerá que se poidan conectar á rede un total de 15 novas vivendas, así como o camping existente no lugar”.
Os traballos contarán cun orzamento de 208.785,50€ e fináncianse con cargo ao programa POS+ da Deputación da Coruña.
Xunto coa intervención en Tronco, na segunda metade deste 2026 estaranse executando outras importantes obras destinadas a ampliar as redes de abastecemento e saneamento en diferentes núcleos:
Vilas e Villanustre (Asados): 388.773,00 euros.
Meiquiz e Or (Leiro): 208.785,50 euros.
Outeiro (Taragoña): 90.713,70 euros.
O rexedor sinalou que estariamos a falar de “máis de 700.000 euros en obras para seguir mellorando os servizos municipais nas nosas aldeas, unha das prioridades desta lexislatura”.




