Carme da Silva Méndez esixe ao Goberno adoptar con urxencia as medidas para eximir de cotas á Seguranza Social as mariscadoras galegas

13 Maio 2026

A senadora do BNG, Carme da Silva, urxiu a Ministra de Seguridade Social a aprobar “de inmediato” a exención de cotas para as mariscadoras galegas afectadas pola grave crise do sector, garantindo ademais o mantemento da alta e de todos os dereitos laborais e anos de cotización.

Durante a súa intervención na sesión de control ao Goberno no Senado, a representante do BNG sinalou “a situación límite que atravesan máis de 3.000 mariscadoras galegas como consecuencia da mortaldade extrema de bivalvos provocada pola sucesión de temporais”, unha situación que mantén a actividade practicamente paralizada e a milleiros de traballadoras sen ingresos.

“As mariscadoras galegas non poden esperar máis. Necesitan certezas, non anuncios de futuras emendas nin promesas sen prazos nin garantías. Precisan saber cando e como sen vai aplicar a exención de cotas”, reclamou Carme da Silva Méndez.

A senadora do BNG insistiu en que “as medidas urxentes que demanda o sector non poden quedar condicionadas a tramitacións parlamentarias que continúan demorándose”, e reclamou ao Executivo estatal unha resposta inmediata mediante acordo do Consello de Ministros e Ministras e a súa publicación no BOE, con efectos retroactivos.

“Son mulleres bravas e traballadoras que merecen respecto. Traballan en condicións durísimas e só exixen o que é de xustiza: exención de cotas e garantía dos seus dereitos laborais” afirma a senadora do BNG durante a sesión de control.

Carme da Silva Méndez advirtiu ao Goberno español que debe actuar ante unha crise “sen precedentes” no marisqueo galego e non abandonar o sector nun momento crítico. Neste sentido, reclama ao executivo “non actuar como a Xunta de Galiza, que está esnaquizando intencionadamente o sector tradicional”.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.