Rías Baixas e Santiago, en alerta pola inestabilidade con chuvascos, treboadas e posible sarabia

11 Maio 2026

A inestabilidade atmosférica seguirá sendo a protagonista da xornada, que comezará cunha mañá de intervalos nubrados e algunhas chuvias. Co paso das horas, as nubes de evolución irán medrando e pola tarde agárdanse chuvascos máis xeneralizados.

Estas precipitacións poderán vir ocasionalmente acompañadas de aparato eléctrico e sarabia. As temperaturas non experimentarán cambios significativos ao longo do día.

Pola mañá soprará vento frouxo e variable, para virar a compoñente norte a partir do mediodía.

meteogalicia

O noso mar; vento do leste á mañá, do noroeste á tarde e do nordés á noite, forza 1 a 2 á mañá, 2 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Mar rizado á mañá, mar ovellado á tarde e marusía á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.