Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se vía
nada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para as
tradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a xeada, retirábao con
soltura, con toda a axilidade que podía. Non sabía moi ben quen era, opinaba, miraba, escoitaba e
calaba. Segundo o seu pensar, os xéneros masculino ou feminino veñen marcados polos conceptos
que a sociedade establece, marca e obriga. O seu bico retirado, xa está silenciado, escondido e
retraído.
O xénero identifica e describe os roles e conxunto de características, comportamentos, funcións e
valoracións socioculturais que parecen apropiadas para cada un dos sexos nunha sociedade
determinada. Así o di o dicionario da Real Academia Galega, aínda que hai quen discrepa de tal dicir.
Moitos pensan que o xénero é como unha construción social, polo tanto cada sociedade pode crealo
e, xa que logo, modificalo cando lle pareza oportuno ou cando o considere conveniente. E, vostedes
amigas e amigos lectores, que pensan?
Aquel corpulento e grande amigo, no último congreso no que participou, estaba abstraído por un
pensamento continuado e profundo. Se podemos unir unha célula reprodutora masculina con outra
célula reprodutora feminina, poderemos conseguir un cigoto que se desenvolva como un embrión,
nun laboratorio acondicionado e adaptado ou nunha fábrica de grandes (ou pequenas) dimensións,
cunha produción aquilatada ás necesidades da sociedade á que serva.
Co apoio da tecnoloxía e da ciencia, os fabricantes serán quen de adecuar o produto ás esixencias da
demanda. Naturalmente, a selección sería suficientemente selectiva para que as novas sociedades
tiveran predestinado o seu futuro, en tódolos aspectos e modos.
Chegaremos a ese momento no que todo se fabrique en talleres artesanais ou en complexos espazos
dirixidos, alimentados e controlados pola máquina de contar e operar con milleiros de milleiros de
díxitos en poucos segundos. Faremos (farán) a xente á medida, chegaremos a onde non se sabe.
A Tía Manuela, ten o seu propio parecer: “cómpre seguir respectando os valores e as aprendizaxes
da infancia e, se é posible, mellor que non sexan fillos da máquina”.
Tempo seco e soleado este martes 22 pola influencia anticiclónica e a entrada de aire cálido
A estabilidade meteorolóxica continuará marcando a xornada deste martes 22, San Mauricio, grazas á persistencia da influencia anticiclónica, á que se sumará a entrada de aire cálido procedente de latitudes inferiores. O día comezará con bancos de néboa illados en...



