Inestabilidade e chuvascos no sábado nas Rías Baixas e en Santiago

08 Maio 2026

O sábado 9, estará marcado pola inestabilidade nas Rías Baixas e en Santiago, baixo a influencia das baixas presións situadas ao oeste de Portugal. Agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros, aínda que irán aparecendo chuvascos co paso das horas.

Na zona das Rías Baixas, as precipitacións poderán rexistrarse xa desde primeiras horas, pero tenderán a ser máis frecuentes e localmente intensas pola tarde. En Santiago, a situación será semellante, con precipitacións que avanzarán de sur a norte e que mesmo poderán vir acompañadas de treboadas no tramo final do día.

As temperaturas non presentarán grandes cambios, aínda que os valores máximos poderían experimentar un lixeiro ascenso. O vento soprará do sur-sueste, con intensidade moderada en xeral.

meteogalicia

O noco mar: vento do sueste, forza 3 a 5 á mañá e 3 a 4 á tarde e á noite. Forte marusía á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e á noite e oeste á tarde, con ondas de 1 a 2 metros á mañá e á tarde e 0.5 a 1.5 metros á noite.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...