Arrancou en Portosín o Campionato de España ILCA Master

08 Maio 2026

O Campeonato de España ILCA Máster arrancou este venres en Portosín cunha xornada marcada polas dificultades meteorolóxicas na ría de Muros e Noia. A ausencia de vento estable impediu completar manga ningunha, tras máis de sete horas de espera no campo de regata.

foto: Sergio del Río

As condicións no mar non foron doadas, cun vento moi rolón que complicou desde o inicio o montaxe do circuíto. O Comité de Regata tentou ata o final validar unha proba, pero a caída total do vento na recta final da xornada obrigou a dar por concluído o primeiro día sen resultado puntuable.

Os regatistas, acostumados a este tipo de situacións, colaboraron en todo momento coa organización. No caso de que este sábado se poida completar unha manga, contarase xa para a clasificación final, xunto coas que se disputen durante o resto do campionato.

A competición está organizada polo Real Club Náutico Portosín, coa colaboración da Real Federación Galega de Vela, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o Concello de Porto do Son, Escora, Gadis, Coca-Cola e a Cofradía de Pescadores de Portosín.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...