Concellos e parroquias homenaxean hoxe á Virxe do Carme

16 Xullo 2019

20190716. Os municipios que conforman Arousa Norte teñen un forte arraigo co mundo mariño. Ou ben se gardan gratos recordos de tempos pasados, ou ben supón un medio de vida. Por iso, a xente do mar celebra hoxe a festividade da Virxe do Carme, agradecéndolle a súa protección e pedindo polo futuro. Destaca o caso da parroquia ribeirense de Aguiño, pois tamén é a súa patroa e coincide cos seus festexos do verán. A Misa e procesión marítima acompañada pola Banda de Música de Negreira terá lugar a partir das 11.30 horas, para despois acudir ao picoteo disposto no local parroquial.

No municipio de Boiro, transcorre a Festa do Carme en Cespón e a procesión en Cabo de Cruz, cadrando esta tamén cos festexos do lugar.

Por outra banda, Rianxo vén celebrando desde o venres 12 e ata hoxe as festas na honra a esta figura relixiosa, culminando coa Misa cantada pola Coral Abraira do CC Simon Varela de Asados.

Aínda que a hoxe é a xornada propia segundo apunta o calendario gregoriano, os festexos desenvolveranse ao longo de todo o xullo, e incluso nos meses sucesivos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...