“A comarca do Barbanza xéra poténcia eléctrica abondo para subministrar a unha poboación de 500.000 habitantes” – Antón Luaces

06 Maio 2026

Os cumios da serra do Barbanza perderon vai anos aquela singularidade de espiña dorsal das rías de Arousa e Muros-Noia, por mor da crista metálica dos aeroxeradores que as distintas compañías produtoras de enerxía eólica foron  instalando neles. Os rochedos e os montes nos que alindaban libremente ducias de cabalos -como antes o facía o gando vacún- deron  paso ao zunido das aspas deses aeroxeradores que, nun número que a día de hoxe se achegan aos 250, baseándonos estimativamente en datos dados a coñecer o ano 2024 polo Instituto Enerxético de Galicia (Inelga), producen preto de 250 megawatios (MW) de potencia, capacidade dabondo para abastecer a medio millón de fogares.

Tanto no interior do Barbanza como pola zona costeira da mesma, son practicamente todos os concellos que conforman a serra os que aportan territorio que acubilla a esas ducias de “muiños” que xiran e xiran imparablemente mentres hai vento que os faga rolar. Máis é o de Mazaricos un dos de maior concentración eólica con máis dun cento destes aparellos.

Malia tal cantidade de aeroxeradores funcionando xa no territorio barbanzano, existe o convencemento -que se expresa en plans concretos presentados ao INELGA- da necesidade de repotenciar os parques eólicos ata chegar á vintena dos mesmos, aínda coñecendo sobradamente a negativa á instalación de sete novos complexos. 

Na súa planificación do futuro dos parques eólicos, normativas e plans da Xunta impedirían esta expansión: preto de 200 aeroxeradores antigos serían retirados de diferentes zonas nos anos inmediatos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...