A Xunta inviste 75.000 euros nun pasteiro de máis de 10 hectáreas en Muros

05 Maio 2026

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, José Balseiros, visitou este luns o concello de Muros para supervisar os traballos realizados no pasteiro de Santa Mariña de Esteiro, que contaron cun investimento próximo aos 75.000 euros.

A actuación abrangue unha superficie total de 10,8 hectáreas, divididas en dúas zonas nas que se levaron a cabo tarefas de acondicionamento como roza, pase de grada pesada, abonado e sementado. Ademais, instaláronse peches perimetrais co obxectivo de garantir o correcto uso e mantemento do espazo.

Durante a súa visita, Balseiros destacou que este tipo de intervencións resultan clave para o desenvolvemento do medio rural, ao contribuír á conservación da biodiversidade e dos ecosistemas agroforestais. Tamén subliñou o seu papel na prevención de incendios forestais e na dinamización da actividade económica local, ao facilitar espazos adecuados para a gandaría en extensivo.

Esta actuación enmárcase no Plan de Pastos de Galicia, impulsado pola Xunta para poñer en valor terras agrarias e reforzar o sector primario, promovendo un uso sustentable do territorio e mellorando as condicións para os profesionais do campo.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.