A Asociación de Empresarios de Ribeira celebra o éxito da súa campaña “Agasalla a mamá” con máis de 3.000 tíckets rexistrados

04 Maio 2026

A Asociación de Empresarios de Ribeira realizou este luns 4 de maio o sorteo da Campaña do Día da Nai “Agasalla a mamá”, unha iniciativa impulsada co obxectivo de fomentar as compras no comercio e na hostalaría local e premiar a fidelidade da clientela.

Presentación da campaña celebrada o pasado mes de abril

Segundo informou a AER, a campaña acadou “unha excelente resposta por parte da cidadanía”, superando os 3.000 tíckets rexistrados, “unha cifra que confirma a gran acollida da acción e o compromiso dos consumidores co tecido empresarial de Ribeira”, destacaron os empresarios de Ribeira.

As persoas premiadas nesta edición foron:

Rosana Olveira, gañadora do premio de 1.000 €, cun tícket rexistrado no establecemento Os Nenos.

Victoria Alonso, premiada cunha cea para dúas persoas, tras realizar a súa compra en Federópticos Filgueira Martínez.

Pilar Ageitos, agraciada cunha cesta da compra por consumir no café bar O Delas.

Yoli Paz, quen tamén recibiu unha cesta da compra cun tícket rexistrado en Genas.

Inés Lorenzo, gañadora dun vale de combustible Cepsa, tras consumir no restaurante El Golimbreo.

Desde a Asociación de Empresarios de Ribeira agradeceron “a participación de todas as persoas que formaron parte desta campaña” e que, unha vez máis, “apostaron polo comercio e a hostalaría local, contribuíndo á dinamización económica e social do municipio”.

A entidade traslada tamén os seus parabéns ás persoas premiadas e destaca a importancia de continuar promovendo iniciativas que impulsen o consumo de proximidade e poñan en valor o papel fundamental do tecido empresarial local.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...