Miles de cangrexos patudos invaden as praias das Parque Nacional das Illas Atlánticas arrastrados pola marea

02 Maio 2026

Miles de exemplares de cangrexo patudo apareceron nos últimos días en praias e zonas rochosas do Parque Nacional das Illas Atlánticas, un fenómeno que chamou a atención de veciños e visitantes en enclaves como as illas Cíes, Ons, Sálvora e, de forma puntual, Cortegada.

?????????????????????????????????????????????????????????


Segundo explicaron desde o propio parque, esta chegada masiva da especie Polybius henslowii responde a unha combinación de factores naturais. Por unha banda, inflúen as condicións climáticas propias da época, co aumento das temperaturas e a predominancia de ventos do norte durante a primavera e o verán. Por outro, destacan características propias deste crustáceo, como a súa capacidade nadadora e a súa fraxilidade, que facilitan que sexa arrastrado polas correntes ata a beira.


O cangrexo patudo, coñecido en Galicia por diferentes nomes populares como patexo, pateiro, patelo ou patulate, desempeña un papel clave no ecosistema mariño. Constitúe unha fonte de alimento esencial para diversas especies de peixes, como sargos, robalizas ou maragotas, así como para numerosas aves mariñas, especialmente durante a época de cría.


Desde o parque subliñan que, pese ao rechamante destas acumulacións, trátase dun proceso natural cun alto valor ecolóxico. Ademais, lembran que a relación do ser humano con esta especie cambiou co tempo: aínda que no pasado utilizábase como abono agrícola debido ao seu escaso valor comercial, na actualidade é apreciado principalmente como cebo tanto na pesca deportiva como profesional.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...