Noia pon en valor o Campo da Feira tras unha actuación integral de mellora

02 Maio 2026

O Concello de Noia vén de completar unha importante actuación de recuperación no Campo da Feira, en palabras do Goberno local “un espazo verde emblemático situado moi preto do casco urbano que presentaba un notábel estado de deterioro”.

Os traballos realizados incluíron a mellora das sendas peonís, a posta en funcionamento da fonte, a limpeza dos bordes, o adecentamento dos xardíns, a plantación de novas árbores, así como o podado e a limpeza integral da pedra existente no recinto. Esta intervención, engadiu o Concello, “permitiu devolverlle ao espazo a súa funcionalidade e atractivo para o desfrute da veciñanza”.

O concelleiro Abel Pan destacou “a relevancia desta actuación”, subliñando que “o Campo da Feira é unha zona verde moi próxima ao casco urbano e levaba tempo precisando unha intervención profunda debido ao seu estado de abandono”.

A obra foi executada con medios propios municipais, o que supuxo un aforro estimado de 15.000 euros para as arcas do Concello, optimizando así os recursos públicos e garantindo unha xestión eficiente.

Con esta actuación, o Concello de Noia reafirma o seu “compromiso coa conservación e mellora dos espazos públicos, apostando por entornos máis coidados, accesíbeis e sostíbeis para toda a cidadanía”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...