Mércores 29, inestable con chuvascos treboentos e baixada de temperaturas nas Rías Baixas e Santiago

28 Abril 2026

A presenza dunha DANA ao noroeste de Galicia deixará este mércores 29, Santa Catalina de Siena, unha xornada marcada pola inestabilidade atmosférica.

Precipitacións previstas sobre as 14-15 horas. Ventusky

Nas Rías Baixas e na área de Santiago agárdanse ceos parcialmente nubrados, con apertura de claros en momentos puntuais, pero con tendencia a aumentar a nubosidade co paso das horas. Pola tarde será cando se incremente a probabilidade de chuvascos, que poderán ser localmente treboentos, especialmente na metade sur e oeste, afectando de cheo a estas comarcas.

As temperaturas experimentarán un moderado descenso, máis acusado nas máximas, polo que o ambiente será máis fresco que en días anteriores.

En canto ao vento, soprará frouxo de compoñente nordés durante a mañá, con intervalos moderados no litoral, e irá virando a sur-suroeste pola tarde, coincidindo co aumento da inestabilidade.

meteogalicia

O noso mar: Vento do nordés á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 3 a 4 á mañá, 2 a 3 á tarde e 2 a 4 á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Outros artigos

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...