Escolares de Ribeira “plantan” árbores con pinceis nun proxecto de Afundación que une cultura e sostibilidade

27 Abril 2026

Afundación levou o seu proxecto Plantando árbores con pinceis ao IES Nº 1 de Ribeira, onde rapaces e rapazas de 1º e 3º de ESO elaboraron un mural con pinturas fotocatalíticas anticontaminantes e decoraron tamén bolsas de tea con pinturas ecolóxicas. A iniciativa enmárcase no programa da Obra Social de Abanca Educación para a sostibilidade, que obtivo en 2024 o premio nacional de Medio Ambiente de CECA. Nesta proposta artística e ambiental o alumnado aprende que o uso deste tipo de pigmentos é útil dado o seu poder de absorción dos gases contaminantes derivados do tráfico e das industrias, fomentando a creación de espazos escolares ecoloxicamente máis depurados grazas á implicación das mozas e mozos do centro.

En palabras de Abanca, estamos ante “unha innovadora iniciativa que ten como obxectivo achegar ao estudantado unha mensaxe positiva sobre o coidado da contorna, propoñendo alternativas de lecer que fomentan o respecto ao medio natural a través da arte, cunha metodoloxía participativa e colaborativa”.

O proxecto consiste en coordinar ao alumnado participante para realizar un mural, con estas pinturas e con temáticas relacionadas co medio ambiente, na parede que designe o centro escolar. A actividade complétase con obradoiros de pintado de bolsas de tea nos que se traballará a temática ambiental desde un enfoque participativo, o que facilita a toma de conciencia sobre a importancia de coidar da natureza.

Como novidade nesta edición incorpórase un taller de estampaxe no que o alumnado participante realiza un modelo relacionado co coidado do medio ambiente que posteriormente se estampará en distintas localizacións de cada centro.

Desde que se iniciou o proxecto en 2021 e, unha vez finalice esta quinta edición, máis de 19.000 escolares e docentes pintarían máis de 200 murais en centros educativos de toda Galicia.

Outros artigos

Proseguen os traballos de extinción do lume de Ribasieira (O Son)

Este martes 22 de setembro segue activo o lume forestal do concello de Porto do Son, orixinado e focalizado (polo de agora) na parroquia de Ribasieira, nun lugar de difícil acceso que pola súa complicada orografía e pola precariedade dos accesos motivou onte o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.